miércoles, 8 de mayo de 2013

FRAN ALONSO


Escritor galego nacido en Vigo en 1963. Estudou Filoloxía galego-portuguesa en Santiago de Compostela. Foi redactor do xornal DIARIO 16 e actualmente traballa en Edicións Xerais de Galicia. En 1991 gañou o Premio Blanco Amor pola súa novela TRÁILER.
Os nosos rapaces e rapazas de terceiro de Primaria están lendo o libro de poesía "O MEU GATO É UN POETA" e os nenos e nenas de quinto de Primaria están lendo "CIDADES"Outros libros de Fran Alonso que podes atopar nos andeis do Bibliocastelo son:
  • O BRILLO DOS ELEFANTES.
  • A CASA DA DUNA.
  • POETÍZATE.
  • A ARAÑA E MÁIS EU.

domingo, 17 de febrero de 2013

VIOLETA MONREAL

Naceu en Oviedo en 1963. Tras licenciarse en Belas Artes inicia a súa carreira como ilustradora.
Moitas editoriais españolas publican constantemente libros coas súas ilustracións,  algúns  dos cales tamén son escritos por ela.
Tivemos o placer de coñecela hai uns anos, cando visitou, coa súa maleta chea de ilusións, o noso bibliocastelo. Naquela ocasión quedamos abraiados co seu bo facer e as súas historias, por iso agora  agardamos con moita impaciencia que chegue ese gran día.
O noso alumnado de primeiro ciclo está lendo os libros da colección "PREGUNTAS PARA MENTES DESPIERTAS"

1ºA- ¿Qué animal te gustaría ser? 
1ºB- ¿Qué te gustaría inventar?
2ºA- ¿En qué obra de arte te gustaría vivir? 
2ºB- ¿Qué te gustaría ser de mayor? 

Os rapaces e rapazas do segundo ciclo len as aventuras de Pamela Panamá:
3º- Pamela Panamá ya no cree en cuentos de hadas
4º- Pamela Panamá y el hechizo final

Ademais na biblioteca temos a disposición de todos os usuarios máis libros desta autora:

  • Colección Que sientes? , Celos, Timidez, Felicidad, Morriña, Libertad, Nerviosismo ...
  • Colección En pocas palabras: De viaje. 
  • Colección Papeles Rotos: La piraña roja, El monstruo amarillo, El cuervo negro ... 
  • Colección Musicando con ... Verdi, Mozart, Chaikovski ... 
  • No quiero un dragón en mi clase.
  • Días de perros.
  • Días de gatos.
  • Carlota, la de los ojos grandes.