Naceu en Oviedo en 1963. Tras licenciarse en Belas Artes inicia a súa carreira como ilustradora.
Moitas editoriais españolas publican constantemente libros coas súas ilustracións, algúns dos cales tamén son escritos por ela.
Tivemos o placer de coñecela hai uns anos, cando visitou, coa súa maleta chea de ilusións, o noso bibliocastelo. Naquela ocasión quedamos abraiados co seu bo facer e as súas historias, por iso agora agardamos con moita impaciencia que chegue ese gran día.
O noso alumnado de primeiro ciclo está lendo os libros da colección "PREGUNTAS PARA MENTES DESPIERTAS"
1ºA-
¿Qué animal te gustaría ser?
1ºB-
¿Qué te gustaría inventar?
2ºA- ¿En qué obra de arte
te gustaría vivir?
2ºB-
¿Qué te gustaría ser de mayor?
Os rapaces e rapazas do segundo ciclo len as aventuras de Pamela Panamá:
3º- Pamela Panamá ya no
cree en cuentos de hadas
4º- Pamela Panamá y el hechizo final
Ademais na biblioteca temos a disposición de todos os usuarios máis libros desta autora:
- Colección Que sientes? , Celos, Timidez, Felicidad, Morriña, Libertad, Nerviosismo ...
- Colección En pocas palabras: De viaje.
- Colección Papeles Rotos: La piraña roja, El monstruo amarillo, El cuervo negro ...
- Colección Musicando con ... Verdi, Mozart, Chaikovski ...
- No quiero un dragón en mi clase.
- Días de perros.
- Días de gatos.
- Carlota, la de los ojos grandes.