miércoles, 8 de mayo de 2013

FRAN ALONSO


Escritor galego nacido en Vigo en 1963. Estudou Filoloxía galego-portuguesa en Santiago de Compostela. Foi redactor do xornal DIARIO 16 e actualmente traballa en Edicións Xerais de Galicia. En 1991 gañou o Premio Blanco Amor pola súa novela TRÁILER.
Os nosos rapaces e rapazas de terceiro de Primaria están lendo o libro de poesía "O MEU GATO É UN POETA" e os nenos e nenas de quinto de Primaria están lendo "CIDADES"Outros libros de Fran Alonso que podes atopar nos andeis do Bibliocastelo son:
  • O BRILLO DOS ELEFANTES.
  • A CASA DA DUNA.
  • POETÍZATE.
  • A ARAÑA E MÁIS EU.

domingo, 17 de febrero de 2013

VIOLETA MONREAL

Naceu en Oviedo en 1963. Tras licenciarse en Belas Artes inicia a súa carreira como ilustradora.
Moitas editoriais españolas publican constantemente libros coas súas ilustracións,  algúns  dos cales tamén son escritos por ela.
Tivemos o placer de coñecela hai uns anos, cando visitou, coa súa maleta chea de ilusións, o noso bibliocastelo. Naquela ocasión quedamos abraiados co seu bo facer e as súas historias, por iso agora  agardamos con moita impaciencia que chegue ese gran día.
O noso alumnado de primeiro ciclo está lendo os libros da colección "PREGUNTAS PARA MENTES DESPIERTAS"

1ºA- ¿Qué animal te gustaría ser? 
1ºB- ¿Qué te gustaría inventar?
2ºA- ¿En qué obra de arte te gustaría vivir? 
2ºB- ¿Qué te gustaría ser de mayor? 

Os rapaces e rapazas do segundo ciclo len as aventuras de Pamela Panamá:
3º- Pamela Panamá ya no cree en cuentos de hadas
4º- Pamela Panamá y el hechizo final

Ademais na biblioteca temos a disposición de todos os usuarios máis libros desta autora:

  • Colección Que sientes? , Celos, Timidez, Felicidad, Morriña, Libertad, Nerviosismo ...
  • Colección En pocas palabras: De viaje. 
  • Colección Papeles Rotos: La piraña roja, El monstruo amarillo, El cuervo negro ... 
  • Colección Musicando con ... Verdi, Mozart, Chaikovski ... 
  • No quiero un dragón en mi clase.
  • Días de perros.
  • Días de gatos.
  • Carlota, la de los ojos grandes.

viernes, 18 de mayo de 2012

FINA CASALDERREY

Naceu en Xeve, Pontevedra e actualmente vive en Lérez. Gústalle recitar poemas, ler,  escribir e viaxar. Tamén é aficionada ao teatro. Foi mestra dende os 19 anos, nos últimos anos de secundaria no instituto Illa de Tambo de Marín. O curso pasado deixou a ensinanza aínda que segue moi ligada ao mundo da Literatura e do Ensino. Para saber máis sobre a súa vida e obras preme na imaxe.


Ao longo deste curso estivemos lendo varios dos seus libros:

sábado, 4 de febrero de 2012

GONZALO MOURE TRENOR

Naceu en Valencia, estudou Ciencias Políticas na Universidade Complutense de Madrid e traballou como periodista, na radio e en prensa. 


Os nenos e nenas de 3º de primaria están lendo o seu último libro publicado CAMA Y CUENTO    
e os de 4º    LOS CABALLOS DE MI TÍO 
Entre a súa bibliografía destacamos: 
A entrañable historia de MAÍTO PANDURO, un neno xitano que tiña o pai na cadea, 
LILI LIBERTAD unha nena que se traslada a vivir a unha cidade nova coa súa nai.
PALABRAS DE CARAMELO a entrañable historia de Kori, un neno xordomudo e o seu mellor amigo Caramelo.
NACHO CHICHONES un neno que sempre caía e levaba a cabeza chea de chichóns.
EL OSO QUE LEÍA NIÑOS, 
EL MOVIMIENTO CONTINUO, ... 
Actualmente, Gonzalo vive en Asturias, aínda que pasa moito tempo cooperando coa situación do Sahara Occidental, dando a coñecer a súa problemática e a través do Bubisher, un bibliobús que visita as aulas dos campamentos saharauis. 
Aquí vos deixo algúns vídeos moi interesantes sobre o tema.









No Bibliocastelo agardamos impacientes a visita de Gonzalo Moure o día 8 de febreiro.

jueves, 28 de abril de 2011

JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

Preme na imaxe

Nacido en Vigo é licenciado en Belas Artes. Ilustrador, debuxante, comiqueiro e escritor dalgúns libros que estamos a ler no 1º e 2º ciclo:


Outros libros deste autor e ilustrador que están a vosa disposición na biblioteca son:


Agardamos a súa visita para o 12 de maio.

jueves, 10 de marzo de 2011

ANA ALONSO

Ana Alonso é unha escritora nacida en de Barcelona, aínda que viviu a maior parte da súa vida en León e agora vive en Cidade Real . Licenciada en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de León, ampliou os seus estudos en Escocia e París.

Publicou oito poemarios e, entre outros, recibiu o Premio de Poesía Hiperión (2005), o Premio Ollo Crítico de Poesía (2006) e, recentemente, o Premio Antonio Machado en Baeza (2007) e o Premio Alfons el Magnànim Valencia de poesía en castelán (2008).

Xunto con Javier Pelegrín, é coautora da serie de fantasía e ciencia ficción "La llave del tiempo", publicada pola editorial Anaya. En 2008 foron galardonados co Premio Barco de Vapor pola novela El Secreto de If. Os seus últimos libros publicados son o primeiro volume da triloxía Tatuaje (Viceversa, 2010), a segunda entrega, Profecía, aparecerá en octubre, os seis títulos iniciais da colección Pizca de sal (Anaya, marzo 2010) e La ciudad transparente (El Jinete Azul, 2010).

Obras súas que están á vosa disposición na nosa biblioteca son :

  • Dentro da colección PIZCA DE SAL:

Una carta muy rara

Los tres cerditos y el inspector

El cocodrilo misterioso

Los duendes del otoño

El mapa del bosque

Blancanieves en la ciudad
  • Colección LA LLAVE DEL TIEMPO:
La torre y la isla

La esfera de Medusa

La ciudad infinita

El jinete de plata

Uriel

La puerta de Caronte

El palacio del silencio

El viaje de Zoe
  • Outros títulos:
Versos piratas, piratas en verso

Los instantes perfectos

O 5 de abril agardamos a súa visita, para o 1º ciclo, na nosa biblioteca.

viernes, 7 de mayo de 2010

ABRAHAM CARREIRO


O ilustrador vigués Abraham Carreiro visitaranos en maio. Os nenos e nenas do 1º e 2º ciclo participarán desta actividade despois de ler algúns dos seus libros.