viernes, 18 de mayo de 2012

FINA CASALDERREY

Naceu en Xeve, Pontevedra e actualmente vive en Lérez. Gústalle recitar poemas, ler,  escribir e viaxar. Tamén é aficionada ao teatro. Foi mestra dende os 19 anos, nos últimos anos de secundaria no instituto Illa de Tambo de Marín. O curso pasado deixou a ensinanza aínda que segue moi ligada ao mundo da Literatura e do Ensino. Para saber máis sobre a súa vida e obras preme na imaxe.


Ao longo deste curso estivemos lendo varios dos seus libros:

sábado, 4 de febrero de 2012

GONZALO MOURE TRENOR

Naceu en Valencia, estudou Ciencias Políticas na Universidade Complutense de Madrid e traballou como periodista, na radio e en prensa. 


Os nenos e nenas de 3º de primaria están lendo o seu último libro publicado CAMA Y CUENTO    
e os de 4º    LOS CABALLOS DE MI TÍO 
Entre a súa bibliografía destacamos: 
A entrañable historia de MAÍTO PANDURO, un neno xitano que tiña o pai na cadea, 
LILI LIBERTAD unha nena que se traslada a vivir a unha cidade nova coa súa nai.
PALABRAS DE CARAMELO a entrañable historia de Kori, un neno xordomudo e o seu mellor amigo Caramelo.
NACHO CHICHONES un neno que sempre caía e levaba a cabeza chea de chichóns.
EL OSO QUE LEÍA NIÑOS, 
EL MOVIMIENTO CONTINUO, ... 
Actualmente, Gonzalo vive en Asturias, aínda que pasa moito tempo cooperando coa situación do Sahara Occidental, dando a coñecer a súa problemática e a través do Bubisher, un bibliobús que visita as aulas dos campamentos saharauis. 
Aquí vos deixo algúns vídeos moi interesantes sobre o tema.









No Bibliocastelo agardamos impacientes a visita de Gonzalo Moure o día 8 de febreiro.